20090602
Concorrido
Con lama, colmatado, sen ducha, sen socorrista, con auga máis cocha do corrente, pero concorrido. Así é estes días o 'parque-praia' dos bloques. Lama, como é xa tradición, pero algo máis, que se vai acumulando de ano en ano. Colmatado, asemade cada vez máis. Sen ducha, porque soen poñerse máis tarde, entre o 15 de xuño - 1 de xullo. Sen socorrista, pola mesma razón de considerar tempada estival a partir desas datas. Con auga máis cocha do corrente, pois os traballos da draga en Mirasol fan que a auga esteña revolta, con partículas en suspensión en cantidades abondo maiores que o que soe estar. E concorrido: estes días está a facer bo tempo e a xente acode porque é o que ten máis achegado. E, porque a xente acode, non deberan tentar de solucionarse as outras condicións?
Deixo unha foto da ponte e o mirador do cargadoiro entre a néboa, e tres tomas do sixpac, con fotos abondo actualizadas, onde se ven nunha como se estaba a facer o desdobre da ponte dos Santos, o despliegue de pantaláns no porto deportivo e noutra, o recheo de Mirasol.
Etiquetas:
Fotos ría de Ribadeo,
Fotos Ribadeo,
Medio,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario