A representación desta fin de semana cos franceses como opoñentes lembroume outras batallas que se libran por Ribadeo. Por exemplo, no parque. As tendas que cada pouco invaden os paseos e as súas beiras. As que deixan maltratada a herba que logo hai que coidar, cando non queda tan mal que hai que remover e esperar que medre ata a próxima. A foto da idea dos coidados para a herba que queda 'a medias'.
E, despois da representación da batalla de Arante onte, e da colocación dunha placa conmemorativa, hoxe é a celebración máis tradicional: bendición dos campos, procesión, bandeo do pendón e reverencia das cruces, como reza no cartel anunciador, acompañado todo de pulpería, e Suavecito e Trío sesión para a noite.
Ningún comentario:
Publicar un comentario