20090627

Incorporación

Despois de usar xa varios anos o sistema de preguntas ó pleno (en realidade, a 'despois do pleno', pois non entran en acta) que a AVV O Tesón logrou a comezos do anterior mandato no concello, agora por fin parece que outra asociación, a Atalaia, decidiu usar o sistema. Ata o momento só unha vez outra asociación (coido que o Cantal, pero non estou fixo) usara do sistema nunha ocasión. Coido que, a pesares das evidentes deficiencias do sistema (como lembranza, un exemplo: non sería a primeira vez que sinxelamente, non se contestan as preguntas), débese aproveitar mentras non haxa outra mellor. Así, pois, hai que recibir á nova asociación que se incorpora ó sistema cunha mensaxe de ánimo.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Non entendo ben o que queres dicir co "O Teson logrou", xa qué é a lei a que permite preguntar. Concretamente ven no R.O.F.e na Lei 7/85, ou sexa que dende hai moitos anos.
Sole de Atalaia

agremon dixo...

Ola Sole.
Como ti dis, permite. Pero o concello non o permitía porque non tiña a normativa adaptada. E houbo que pedilo e insistir para lograr algo absolutamente mellorable que non había antes, aínda que estivera permitido legalmente. e haberá que seguir con outras cousas que permite a lei, pero que non temos en Ribadeo.