A información/propaganda observada por Ribadeo tamén era diferente, o que non impediu que tivera éxito, e non só polo que di o periódico, senón pola cantidade de coches aparcados arredor do estadio durante o tempo de xogo.

E mentras as votacións europeas van pasando sen pena nin groria, máis ben sobre un fondo gris a pesares do dito de que o 70% da lexislación española na actualidade segue normas europeas, en Ribadeo entramos na semana coa petición da ampliación da ponte sobre o ferrocarril polo que pasa a estrada do monte. Na imaxe do Sixpac, centrada na ponte sobre o ferrocarril, aparece o encuadre dende o IES Porta da Auga, campo de fútbol e piscina (superior dereita) ata a costa de Santa Cruz da estrada a Vilela (inferior esquerda). Certamente, fai falta ampliala, pois dous coches vense en dificultades para pasar por alí conxuntamente, e a estrada soporta un tráfico apreciable.
Deixo a continuación varias fotos xa vellas (de hai case un mes).
Outra foto dunha cousa que estivo de actualidade e da que agora xa non se fala: a suciedade e agresión polo peso na rúa peonil por mor dunha obra realizada xusto fronte á Rúa Calvo Sotelo. Na foto vése unha lona por protección.
A última, unha foto que podía ser tomada hai abondo tempo pois leva así dende hai meses, cunha pintada ofensiva contra alguén (non teño idea de quen), pintada que se repite en diversos lugares do pobo de xeito menos ostensible. Na foto que se amosa, nun centro de ensino, presumiblemente contra un membro do alumnado, parece algo máis difícil de soportar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario