20090605

Se non podes ser o poeta, se o poema


A morte de david Carradine, o 'pequeno saltamontes' da serie 'Kung-Fu' deixou onte nunha radio a frase, dita por el na serie. Axustando,, non se trataría de ser 'un poema', senón 'o poema'. A parte de facer unha pequena lembranza de Carradine, ven a conto da eleccións europeas.
Hoxe remata a campaña, na que parece que os candidatos, a parte de esquecerse de Europa, ou pode que como consecuencia delo, deixaron de ser 'poeta' para convertyerse 'nun poema', non no propio poema. Deixaron de interpretar a política europea para pasar a amosar partes do peor que pode chegar a ser Europa, non para construír unha Europa mellor (e iso pode facerse aínda sendo relativamente oposto a unha idea de Europa).
Non vou insistir no tema. As porcentaxes de participación de eleccións anteriores e os que se prevén para ista volta, están ahí, indicando que hai que cambiar o rumbo, porque, queirámolo ou non, Europa e o que en Bruxelas ou Estrasburgo se trata aféctanos a todos.
Mentras, quen coñece máis de dous cabezas de lista? Algún programa? Coido que abonbda pouca xente. Por iso deixo ista páxina, para saber polo menos os partidos que se presentan e coñecer a xente que se presenta por cada un deles. Ou a web adicada ás eleccións, con información/propaganda sobre Europa, incluído o 'por que votar'. Por certo que creo que é ilustrativo ler conscientemente, con calma, os nomes dos partidos que se presentan na circunscrición española...
Moi serio, aínda que se tome con certa distancia e un sorriso.
Mentras, para o día de reflexión, mañá, Ribadeo ofrece unha visita ó castro de Viladonga (AVV O Tesón, con apunte previo) e unha andaina por Espasante con saída da estación de Feve ás 11 e 12. a presentación do último traballo de Eva Moreda, 'O país das Bestas', na Casa das Letras, ás 20:30. Música, xa avisada no blog, co programa que deixo abaixo. E, o domingo á tardiña, no Hernán Naval, o centro Dramático Galego con 'As Dunas'.
Pavana
Gabriel Fauré (Arr. Lourenço Cruz)
Frauta solista: David Darriba
Romance opus 36
Charles-Camille Saint-Saëns (Arr. Lourenço Cruz)
Trompa solista: José Luís Pulpeiro
Barcarolle
Offenbach (Arr. Lourenço Cruz)
Minuet da Suite L’arlesienne
George Bizet (Arr. Lourenço Cruz)
Frauta solista: Ramón Miranda
Saxofón solista: Martín García
Música Acuática
George Frederik Haëndel
(Arr. Lourenço Cruz)
Laudate Dominum
G. F. Haëndel (Arr. Lourenço Cruz)
Grupo convidado: Grupo de Metais da E.M.M.eD. de Ribadeo

Ningún comentario: