20090610
Un novo libro de Eva Moreda
O sábado tivo lugar a presentación do último libro de Eva Moreda, "O país das bestas", libro consecuencia dunha idea que foi finalista no premio Biblos-Pazos de Galicia no 2005, pero que tardou en ser rematado, por mor dos compromisos da autora.
Foi acompañada na Casa das Letras ribadense polo editor de Biblos, quen fixo unha ampla introdución.
Segundo Eva, a data de inicio do seu interese pola rapa das bestas, substrato narrativo da novela, sitúase no verán de 2004, a raíz da súa colaboración nun traballo periodístico. O libro naceu a partires dese substrato coa intención de sobrepasar a visión folclorista co detalle de amor á natureza dos besteiros. Ó fin, explicou, non é ata os 60 do pasado século cando se pasa a facer/"potenciar" a festa/romaría que agora caracteriza as rapas.
A cuestión é que é unha obra que abre campo, pois non parece haber novelas anteriores sobre o tema, que neste caso ven resolto por unha protagonista urbana que lembra o traballo que a propia autora realizou sobre a rapa.
A autora rematou a súa intervención lendo o último parágrafo: "Sofía contivo a respiración e acelerou sen volver a vista". Fin. A frase parece non só dar punto final a unha presentación, senón tamén a algo que se oferta pola mesma autora: xa está dito.
No principio, a novela desenvolve unha paisaxe do ano 36, pero non é o tema, senón só unha contribución temática.
A foto segunda corresponde á ilustración do cartel de anuncio da presentación, cedida por Eva. A primeira, movida, a un momento da presentación.
En canto ó libro... mellor leelo que atender a un pequeno resumo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Esta Eva que grande é, rediós!
Publicar un comentario