Comentaba hai poucos días de novo o tema da situación dos indixentes, e onte en Onda Cero voltou a saír o mesmo, incluíndo o dito polo PP en relación coa vivenda nos Bloques, onde aínda non hai duchas nin socorrista, pero si había servizos, aínda que ocupados. A solución dada diría que é Salomónica pola forza, pero con merecimentos doutros calificativos pola realidade: para que os ocupas non ocupen, non se permite tampouco que os viciños o fagan, tápiase e xa está. Non é a primeira vez que ocorre tal cousa: para evitar as carreiras polo paseo marítimo, póñense pasos elevados e fastídiase a todo o mundo.
Por outra banda, a actuación, despois de que faga expresión de opinión un partido político, pero abondo despois de que a cousa veña sendo comentada pola cidadanía e 'levantada' por unha asociación, non parece que tampouco diga moito sobre o escoitar a cidadanía por parte do alcalde, senón sinxelamente sobre o seu 'estar metido en política'.
A cousa aínda non terminou: aínda non están tapiadas as casetas e nas catro calles polo momento non hai variación da situación...
Ningún comentario:
Publicar un comentario