Foi a nova de onte: substitución das naves fastidiadas polo corremento de terras, e aumento de algunha outra máis. Aínda non se sabe nada de cómo vai ser a cousa, de se van poñelas no recheo último (si, no que dixeron que non ían poñer naves e logo que iso era papel mollado) ou noutro sitio, se van ser grandes ou pequenas, altas ou baixas. Coma sempre, a información irá chegando a contagotas, para iso son (en parte) os entes autónomos. E, como soe suceder, o primeiro que se anuncia é a cantidade: algo máis de 100 000 000 das antigas pesetas, 638 000€. A inversión, benvida. O que se fai con ela dirá se a benvida é definitiva ou non.
As fotos, dun cargueiro, o Steenbank, cargando pasta de celulosa, a semana pasada; o recheo, aínda con sal despois de ser variada a maioría dun dos montóns; e o fondeadeiro que usan diversas embarcacións fronte ós bloques.
Ningún comentario:
Publicar un comentario