20090704

Marítima

Despois do tema de contaminación da ría de onte, xa onte tamén se comentaba a presenza dun escualo grande fronte ás praias da costa. Hoxe renóvase a información dando unha medida de máis de 4m e especulando sobre se pode ser un tipo de tabeirón inofensivo, que será tratado de localizar e caracterizar por persoal do cepesma. Mentras, algunha praia estivo onte coa prohibición de baño. A mesma praia, Os Castros, está sendo limpada de algas, acumuladas das últimas tormentas.
Máis? O PP chama a atención sobre a proliferación de indixentes na zona das catro calles e nos bloques, pregunta efectuada polo Tesón en marzo, e soslaiada sen unha resposta de actuación, o mesmo que outras moitas preguntas, como as feitas sobre as bicicletas do concello, ocupación do parque, etc (por exemplo).
Á beira, unha foto da maqueta feita para o ascensor da Atalaia, do que me siguen a faltar ocos de visión dende/cara ó exterior.

Ningún comentario: