20090727

Os trámites medioambientais avanzan ben

Verbas que onte traía a Voz atribuídas ó alcalde de Castropol en relación ó estudo e posta en marcha de dous portos deportivos no seu concello (a parte do que existe nas Figueiras ou a ampliación que terá moi pronto), máis de catrocentas prazas co que a ría se iría cerrando un pouco máis. Non non sei se haberá onde nadar no interior da ría, ... e, ó tempo que a auga se mercantiliza, tamén xurden dúbidas doutro tipo, porque, se os expedientes os ten que tratar unha autoridade independente, como pode dicir José ángel Pérez que os trámites van ben?
A política ten moitos vericuetos, como onte mesmo José Alonso Quelle reflectía noutro artigo de La Voz de Galicia, lembrando o 'día histórico' que para Ribadeo suporía no 2006 a visita de Méndez Romeu, Conselleiro naquél entón, quen, en presenza de Balbino Pérez, alcalde naquél entón, e da prensa, prometeu un novo xulgado para Ribadeo, de máis categoría e no mesmo edificio, remozado, no que está o actual. a lembranza ven a conto da negativa, unha vez máis, do Consello de Ministros, nun paquete de 135 novas sés. é a enésima vez que políticos de tódolos signos fallan na recuperación de algo perdido na década dos sesenta do pasado século: Lembro que a retahíla que tiña que aprender de memoria correspondente á provincia de Lugo (pobos con xulgado) incluía a Ribadeo, ó que seguían, rematando a orde alfabética, Vilalba (Villalba no recitado infantil) e Viveiro (Vivero), pobos que non os perderon.

Pasando de política, hoxe ten xuntanza unha das asociacións máis potentes do pobo, o Ribadeo CF, á espera do 58 Trofeo Enma Cuervo.
A foto, da fonte do parque rebosando auga antonte.

Ningún comentario: