20090723
Un suisse chez les Européens. Unha historia de onte e de hoxe.
Recollo un apunte que tiña dende hai uns meses, e atópome co título do libro 'Un suízo en casa dos europeos' que apunto arriba. É de xaneiro do ano 1991, autor, Alexandre Pasche, Ed. Mentha, subtitulado "Récit vécu, comique et illustré" (relato vivido, cómico e ilustrado). Nel o autor, falando das súas vivencias en España (estamos a falar de cousa de hai 20 anos), apuntaba: "La movida empêche l'Espagne de dormir". Isto é, 'A movida impide durmir a España'. Canto cambiou o tema dende hai 20 anos? Vai cambiando lentamente, a costa de loitar día a día.
Etiquetas:
ruído
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
...e aínda que outro día máis, pola mañá, teña que dicir que anoite houbo música (audible perfectamente na casa a horas na que a rúa estaba tranquila) no pub de enfronte.
Publicar un comentario