Hai tempo O tesón preguntou primeiro en xeral sobre pago á SGAE e logo, sobre o pago este ano. As contestacións foron 30 000€ por un período abranguendo boa parte do que levamos do século, e nin idea. É dicir, non se sabe o que se vai pagar á SGAE este ano ó non querer declararse en rebeldía (ter medo de facelo), mentras que calquera que grave no seu disco duro a última comunicación do concello xa terá aboado un canon para poder facelo (mesmo o propio concello!). Como a cousa non vai variar dun día para outro, deixo unha ligazón sobre o absurdo destes pagos tal e como se están a realizar agora mesmo, e sendo as sociedades de xestión máis un ente autónomo preocupado máis de si que de outra cousa calquera.
1 comentario:
pensei que coa chegada dun partido progresista , rematarian as parvadas, máis foi inda peor. O que terian que facer e comezar a reclamar polo canon dos discos duros utilizados para xestións administrativas
Publicar un comentario