20090724
Un tesón no ceo ... e unha reconstrucción na terra
Onte deixei colgado en Publicado en Ribadeo un estudo de I. Asensio sobre a formación dunha praia artificial, que logo cristalizaría no que hoxe é a praia dos bloques (coido que é ilustrativo comparar o que dicía Asensio coa actualidade). Segue a ser unha praia de fango pero usada pola xente de Ribadeo de onde se parte para diversas actividades e deportes acuáticos.
Un tesón no ceo: onte pola tarde, dende os bloques había nubes que lembraban ós tesos, coas súas ondas de area representadas polas ondas de nubes no ceo.
E, na terra, tamén aparecen os tesóns: a area acumulada para formar a praia (o que é agora a herba) dos bloques, desaparece formando un profundo oco que medra e medra, deixando que se escorra a area cara ó limo do fondo ou cara ós tesóns próximos. A area quere recuperar o seu lugar habitual, e vese que o está a conseguir, despois de que os bancos construídos na beira das rochas esteñan tumbados, ou que as mesmas rochas que se botaron para conter a area baixan xa de altura.
Mentras, en Ribadeo hai obras diversas, mesmo con polémica: como dicía unha editorial dunha nova revista ribadense, 'Aquí', raro sería que en Ribadeo algo non fora polémica, incluído a formación dunha comisión de festas (á que se estaba a referir a editorial, redactada por un dos comisionistas dimisionarios deste ano).
Etiquetas:
arquitectura,
Medio,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario