20090831

Agosto 30+1. San Ramón non nato


Sempre me chamou a atención o tema de San Ramón. Non pola abundancia de patronais Ramones, senón polo non-nato. Resulta que non naceu, pero estivo. Algo así como ocultación de información de comezo. Imos, como moitas veces a política. E máis, nunha época como ista na que se publicita todo feito. Bo, non tanto, porque se publicita a todo trapo o que interesa, pero ocúltase de formas case inimaxinables o que non interesa. De aí a petición xeralizada de transparencia que se fai ós políticos, ás institucións políticdas e ós métodos duns e das outras, e as múltiples formas de dicir 'si (pero non)' ou ó revés, 'non (pero si). O dito, hoxe é San Ramón. Felicidades a todos os Ramóns natos.
A imaxe, a 'Capela de San Ramón' en Moeche. Despois do escrito antes, da pé a dicir, Que haberá dentro? Un san Ramón sen nacer?
Ben, na realidade, si que parece que San Ramón si naceu...

Ningún comentario: