20090827

Compensación?

Non se pode tomar como tal, pero en certa medida, éo.
A primeira foto amosa a segunda rúa privada de Ribadeo (da primeira din conta hai moito, situada na r/Recarei, non aparece nos mapas de Google pero vese claramente entre a néboa nas fotos correspondentes ou mellor no visor do sixpac ou do sigpac). Ista, cerrada este verán, está á beira da r/Alza e si aparece en Google Maps a parte de verse no sixpac. O que non aparece é que isa mesma urbanización, pola outra beira, deixou constreñido o paso a un estreito paso, como está denunciado e con foto hai xa tempo no blog. As farolas teñen alumeado público? é de supoñer que non, que sexa de pago asemade privado...
A segunda foto amosa un local no tramo final despois de entroncar a R/Deputación coa Recarei. O local pasou por bar para logo ter unha experiencia como club privado, a estilo dun casino pero tomado como empresa, non como sociedade. Agora estáse de novo acondicionando e aparece de novo un cartel colgante como bar. O dito, non é compensación, pero ...

Ningún comentario: