20090819

Copio e pego: actividades

Són só as que saen na última circular de 'cultura' ...
ATÉ O 10 DE SETEMBRO.
SINGULAR RIBADEO. Fotografías de Mariano Pérez na OMIC.

MARTES
IV FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA CLÁSICA DE RIBADEO. O Trío Gorgojo ofrece o derradeiro concerto desta edición con música de cámara de Turina, Albéniz, Fauré e Ravel. Hoxe ás 22.00 horas no auditorio Hernán Naval. Prezo: 10 e 8 €.

MERCORES
O GRUPO DE MÚSICA ANTIGA ACORDE (PORTO) OFRECE UN CONCERTO NA CAPELA DA TERCEIRA ORDE ÁS 21.00 HORAS. OBRAS DE ANTONIO VIVALDI E G.P.ALBERTI

XOVES
O FOTÓGRAFO RIBADENSE FERNANDO PÁEZ RETRATA PERSOAS E RECANTOS DA VILA MARIÑEIRA DE RINLO NUN PROXECTO DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA.
HORARIO: ESTE XOVES A PARTIR DAS 17.30 HORAS.
ATÉ FINAL DE MES: POLAS MAÑÁS, DE 11.30 A 13.30 HORAS
ÁS TARDES: DE 17.30 A 20.30 HORAS.

CULTURA VAI: MAXIA NA PARROQUIA DE SANTALLA DE VILAOSENDE CO MAGO DANI E O SEU ESPECTÁCULO ACCIÓN. ÁS 21.00 HORAS ONDA O TELECLUB.

VENRES
AS FORMACIÓNS ROSNA KITKA (BULGARIA), CÁNTIGAS DA TERRA (GALIZA) E O GRUPO REGIONAL DE MOREIRA DE MAIA (PORTUGAL) ACTÚAN ÁS 22.30 HORAS NA PRAZA DA MÚSICA .

SÁBADO
carne caldeiro Carne ao caldeiroIV FESTA DA CARNE AO CALDEIRO EN REMOURELLE.

ACTUARÁN OS GAITEIROS DE RIOTORTO E O ACTOR PEPE PENABADE COMO O AFIADOR RUDESINDO DA BARROSA.

* Do 24 ao 28 de agosto vaise celebrar na Casa da Ría un cursiño de astronomía organizado pola Concellaría de Medio Ambiente e a USC.
Horario: de 19.00 a 20.30 (nocións )
de 22.30 a 24.00 (observación)
Inscricións: no teléfono da casa do Concello (982 128 6509

... seguro que hai máis

Ningún comentario: