20090826

El papel del periodista es establecer un sistema de valores

O título é unha cita de Juan Luis Cebrián na p.45 de El País de 3 de xuño de 2009.
De onde lle virá a iste home o coñecemento? Directamente de Deus, do que sería unha especie de parladoiro mecanizado, estilo 'Deus ex machina'?
Vamos, que no futuro os valores terían que ser os que nos marca ista xente. Sempre e cando interprete ben, cousa da queles tamén serían os dirimidores xudiciais. Ou moito se creen algunhas persoas (neste caso, periodistas) ou pouco valor lle asignan ó sistema de valores...
E é que os 'valores' poden encher a boca para inculcalos nos demáis, mentras se tenta escapar das súas constriccións: algo así como xogar todos xuntos ó baloncesto pero impoñer ós outros as mans atadas mentras os uns provocan no árbitro a vista gorda ante as 'dobles' propias ...
E atención, que non sería mala cousa que realmente a prensa contribuíra a crear valores e á súa aplicación, para todos. Pero a realidade está aí.

Ningún comentario: