20090808

Falta o sol

Comentábame onte un amigo Talmondés (de Talmont, en Vendée, Pais do Loira, Francia, porto de saída da Transgascogne que fixo escala intermedia estes días en Ribadeo) que o pasado mes na súa terra tiveran restriccións de auga pola seca que estaban a sofrir, seca que xa pasou. Pola contra, estes días pódese atopar en cáseque calquera xornal a nova de que en Galicia o pasado mes de xullo foi o máis chuvioso en 35 anos, despois de verse salpicados os 'homes do tempo' con acusacións pola asociación de comerciantes local de que en Ribadeo facía mellor tempo do que eles prognosticaban. Cousa do tempo... Mentras, hoxe, día de partida de novo das Transgascogne e día de celebración do 'Emma Cuervo', as nubes non abandoan.

1 comentario:

Yo escribo dixo...

A ver si con este tempo, os veraneantes deixan de vir por esta zona e nos deixan un pouco tranquilos en estos meses.

E os que viven do sector turístico, que invirtan en industria que o que realmente da prosperidade e beneficios a un país.