20090903

Festas e custes

Estamos na semana de festas. Aínda así, coméntase que hai que apretar o cinturón. E mírase máis (é un dicir...) onde gastar os cartos públicos. Non obstante, a asignación dos mesmos depende de criterios que ás veces escapan á racionalidade en máis dun sentido. Lembrando que estes días tamén hai exames de setembro, asocio a algo que vin non hai moito: un ano de cárcere pode costar máis que un ano en Hardvard ... e é moito. Certo que a nova referíase ós EEUU, pero para poñer a comparación, sirve. Mentras, nestes lares, suprímese a gratuidade de libros e mesmo en Ribadeo temos un lío de centros de medias á espera dunha unión que depende dunha inversión en obras que deberan estar rematadas e aínda nin comezaron nin hai trazas de que o vaian facer próximamente. Pero seguirase 'a dar clase', e polo tanto, non haberá queixa sobre organización e desenvolvemento do ensino en Ribadeo máis aló de se algún profesor en concreto pónse a ler a prensa na clase mentras os alumnos andan saltando (ou cousas polo estilo).
Por certo, sobre a subvención dos libros de texto: evidentemente, se hai un aforro e os libros por riba son de propiedade particular e en catro anos pasan catro promocións mercando sempre libros, como se pode dicir que o sistema é mellor que se se teñen en común, se usa un para cada catro anos e só se paga se se esmendrella de máis? a parte de máis económico, coido que é máis educativo, ensina valores e é máis respetuoso co medio ambiente. Pero os gobernantes non opinan así. E, polo que parece, votámolos entre todos.

Ningún comentario: