20090813

Portos de Galicia

    Entérome hoxe pola prensa algo que non sabía e dame a impresión de que a maioría de Ribadeo, tampouco. Coa renovación do Consello de Administración de Portos de Galicia, (entidade que se presentaba como paladín da macro-nave no porto) xa realizada no mes de xullo, saen a relocer os antigos e novos integrantes. Un deles, antigo e novo, pois renovóuselle o mandato, é de Ribadeo, Antonio Pertejo Castaño, como representante da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo. Pertejo S.L. é unha coñecida empresa de Ribadeo, que aínda este ano ampliou instalacións no porto e parece que vai a seguir facéndoo, a parte doutros servizos como a grúa móbil que estes días está na obra do 'ascensor da Atalaia'. A súa web ofrece información diversa, cun aviso legal sobre o seu uso. Aparecía no seu momento como impulsora da macronave do porto a carón de Galigrain e co respaldo de Portos.

1 comentario:

agremon dixo...

a conto de que me preguntaron:

Bibliografía:
http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/2B50A?OpenDocument
"Artigo 13º
O nomeamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Lugo:
-Antonio Pertejo Castaño."
http://www.boe.es/borme/dias/2009/08/13/pdfs/BORME-A-2009-153-36.pdf
"356611 - GRANOS DEL NOROESTE SA.
Reelecciones. Consejero: PERTEJO VISPO MARIA DEL ROCIO;GONZALEZ FERNANDEZ JUAN CARLOS;PERTEJO CASTAÑO ANTONIO;NOGUEIRA GARCIA CEFERINO. Presidente: PERTEJO CASTAÑO ANTONIO. Secretario: NOGUEIRA GARCIACEFERINO. Datos registrales. T 1002, L 1002, F 31, S 8, H PO 2120, I/A 5 (31.07.09)."
http://www.nogar.es:Galigrain