20090814

Fin de obras: rematando obras en Ribadeo


Mentras outro ano máis as medusas na praia comezan a dar inquedanzas, Ribadeo comeza a ser algo máis normal. Normal dentro do atosigamento veraniego, pero con obras que pouco a pouco van quedando rematadas, unhas máis rápido, outras, menos. así, mentras que a Avda. de Luarca leva xa perto de dous meses en obras e a praza do mercado quedou remozada en dúas semanas, sen impedir o mercado dos mércores, hoxe xa se podía transitar pola rúa de Cantalarrana entrando por Paco Lanza (engadindo ó tránsito o pequeno tramo negro do mapa). E, tras a queixa esta mesma semana dun político local, xa se estaba amañando hoxe o furado baixo unha lamela de ferro antiestética e ruidosa (a parte de potencialmente perigosa) no entronque de Calvo Sotelo coa costa de Juanita (punto negro no outro mapa)

Diste xeito, cando veña o outono, e remate o plan E, Ribadeo estará algo mellor que antes, sen grandes carteis anunciadores e obras feitas (aínda que o rendemento da inversión en algunhas, cartel aparte, poidera ser mellorable)

1 comentario:

agremon dixo...

Un día despois, segue sen rematar de amañar o buraco referido, e dado a fin de semana, alomenos ata o 17 non se finalizará.