20090814

Tamén plan E nas lámpadas


Esta mañán fun a recoller un 'agasallo': a lámpada de baixo consumo 'plan E'. Resulta que o goberno 'agasalla' con lámpadas de baixo consumo á poboación que ten contratada electricidade. Boa cousa, verdade? Non estaría eu tan seguro ata ver os números, o custe desta promoción. Porque xunto coa factura de luz ven un papeliño para que se recolla a lámpada en Correos. E hai que ir recollela. E as lámpadas, ... apostaría a que as pagamos cos impostos! :-)
Ben, como non teño datos abondos, grazas ó goberno por este agasallo para conminarnos a cambiar o máis rápido posible a lámpadas de baixo consumo.
Pasando a otro tema (outra parte do mesmo tema) a parte da propaganda da lámpada, que a trae calquera de baixo consumo anunciando as súas bondades, non atopo un forte incentivo ó cambio con ista medida. O consumidor que non saiba máis atopará que o encendido é máis lento, e que as compoñentes da luz emitida cambian nese proceso, despistando un pouco. E logo, na factura non aparecerá o aforro dunha soa lámpada nunha casa... co que de pronto quedará como unha curiosidade máis, máis que como un estímulo ó cambio.
Pero, fíxome no envoltorio da lámpada, e vexo que un logo relativamente grande indica que se atén ás normas da C(omunidade) E(uropea), unha entidade que alomenos en parte xa está 'substituída' pola U(nión) E(uropea), mantendo unha confusión política considerable. Vése tamén o simboliño do cartón reciclabe da embalaxe, e, tamén, un 'Made in P.R.C.', é dicir, feito en China, na República Popular. Co que, ó final, a parte que debera ser maioritaria do gasto deste impulso do 'consumo responsable', é irresponsablemente traspasada á República Popular China e plena recesión e perda de empregos. Consólame ter conciencia de que é moi probable que dos cartos da promoción, na realidade sexa só unha pequena porcentaxe a que vai para á China. Aínda así, non temos fábricas de lámpadas de baixo consumo por aquí? Por certo, o recicle ise do cartón inclúe o seu envío previo á R.P.C.?
E si, a embalaxe tamén ten un apartado no que se proyecta ben a imaxe do IDAE (Instituto para a diversificación e aforro da enerxía), do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España, correspondente cos 1 300€/cartel das obras do 'plan E'.
... aínda non acendín a lámpada ...

1 comentario:

Yo escribo dixo...

Pois a mín, todavía non me chegou.

Iso si, levan 2 meses sin pasarme a factura da luz...a ver si cando a pasan non se engañan contra mín, como veñen facendo ultimamente con iso da "estimación". Moita estimación pero sempre por enriba dos últimos meses, e do consumo do mesmo mes dos últimos anos.

Canta inxustiza e encima os usuarios sin moitas posibilidades de facer algo.