20090912

Os monumentos de Balbino

Vexo hoxe como se pregunta un xornal se o ascensor da Atalaia será un novo monumento en Ribadeo, lembrando as verbas do ex-alcalde no 2006. Lémbrome do castro balbinense á beira de turismo, vexo as fotos sucesivas de construcción do ascensor e teño a resposta: monumento si, pero non ó pobo de Ribadeo, senón en todo caso á estupidez humana. E aínda non toca mantelo.
E si, é certo que ó ir separado do talud non toca a muralla... o que non impideu que coas obras de limpeza pertinentes se caera outro anaco.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Aínda que haxa desnivel, eu creo que é mais fermoso pasear polas rúas do casco vello que subir nun artefacto recuberto de "pedras". Dende logo, chámaselle monumento a calqueira cousa.

Im-Pulso dixo...

Coincido coa súa opinión. Coido que o custo económico de manter a ocorrencia de Balbino Vacas non é proporcional ás posibilidades presupostarias do concello. Confiemos en que ao paso de dous o tres anos o ascensor non quede abandoado e inservíbel.