20090902

Patronais 2009

En Ribadeo sempre se da a circunstancias que máis ou menos cando uns comezan os exames, outros (ou os mesmos) comezan o traballo, e outros (ou os mesmos, novamente) comezan as festas. Setembro marca o principal retorno de vacacións, os exámenes de segunda ronda e as festas patronais. E aínda máis, como a formación das Xornadas de automoción do CIFP 'Porta da Auga', que, de estar situadas despois das festas, este ano pasaron a estalo antes de, e con participación dun centenar de asistentes. Ou co aviso xa, para o 26 de setembro, do " III Curso Temático sobre Educación Infantil da Mariña", 'Concepcións sociais da infancia e medios de comunicación', a desenvolver no IES Dionisio Gamallo.
En canto ás festas, os chiringuitos xa están case a tope, faltando só os correspondentes á venda que se instalarán no Parque da Praza de España. As festas de Ribadeo abranguerán ata o día 8 , o 'día da Patroa' (aínda que non é á Virxe do Campo a adicación de Ribadeo), tendo lugar no seu marco o 'Musikeo' (xoves 3, noite, en Cabanela, despois de animación mañá e tarde no Cantón), a actuación do Mago Antón (venres 4 pola noite no Cantón), ou o grupo de música de cámara de Ribadeo 'Arco-Vento', hoxe, ás 20:30 na Capela da Orde Terceira.
Neste novo 'curso', como se denomina á volta á actividade en xeral, tomándoo prestado da xerga do ensino-aprendizaxe, non faltan outras cousas, como o peche de campaña do Altruán (ou aquí, en Ribadeando, ou na súa propia páxina), despois de colleitar bos resultados en diversas competicións, e rematando cun palista campión de España, Ricardo Navarro.
Mentras, a nivel UE, xa está prohibida a compra dos comercios (non a venda de stock) de lámpadas de filamento de máis de 100W. A pesares de que en xeral pode tomarse como unha boa medida para o aforro, non todo pode considerarse ventaxas, como de xeito acertado o expón esta entrada de Barrapunto sobre as desventaxas das xa non tan novas lámpadas.
... e aínda estamos a comezar setembro, sen falar de cousas de fondo ...

Ningún comentario: