20090901

Tensionando as Figueiras


Unha vez que a zona asturiana da ría de Ribadeo se puxo a 'desenvolver as súas oportunidades sobre a ría', a modo de como antes o fixera a zona portuaria de Ribadeo, xa están comezando a xurdir as protestas. Pasou case sen pena nin groria a protesta contra a nave no porto da Veiga que se ve na imaxe (lembremos que tamén é Castropol), pero non está a pasar a construcción dun aparcadoiro de tres plantas nas Figueiras. A forza que poderá ter a asociación correspondente, "Asociación vecinal Cristo del Buen Viaje", está aínda por ver, ó igual que os planos que se manexan, que non lles foron conseguidos polo alcalde que, ó tempo, asegura que o aparcadoiro non vai ter impacto. A transparencia nas administracións aínda está por vir.

1 comentario:

Gavioto pixoto dixo...

El problema del aparcamiento n´As Figueiras nun e mas que un: El alcalde ta preñao por faerlo sin contar con el pueblo pa nada. El alclade ta faendo ua gestion totalmente oscura neste aspeto, como na mayoria de todo lo que fai. Nun cuenta con el esfuerzo que ye costou nel seu momento a xa desaparecida AA.VV. nin ten respeto algun a persona que facilitou que se podese faer nel terreno da sua propieda. Xa por ultimo deixar costancia de que si un mamotreto de hormigon de 9 metros en lo que ahora e zona verde y de recreo pa juventu y pa menos novos.