20091031

Chegou o estrangulamento

Si, chegou o estrangulamento económico dos concellos e o 'sálvese o que poda!'. Aínda así, hai concellos que están peor que outros.
Se este ano en moitos lugares a situación era mala, é previsible que para o próximo en xeral os concellos teñan máis débedas e menos recursos. E, coa necesidade, co estrangulamento económico, é máis doado ceder a tentacións sen futuro, a golpe dalgún tipo de lexislación. Á beira de Ribadeo, Barreiros espera como auga de maio unha variación legal da Xunta que xa non se pretende xeral, para toda Galicia, senón ex-profeso como excepción, como particularidade, para salvar a situación. E non se mira máis que a pela. Pénsase por exemplo que, unha vez levantadas as restriccións (as mesmas que non se contemplaron dende o concello para dar o visto bo inicial, as mesmas que eran doadas de saltar ata que chegou alguén con algo de sentidiño a postos de poder) os construtores xa non terán motivo para reclamar. Pénsase que esquecerán, agora que parece que o mercado pode voltar a animarse non tardando demasiado, que o tempo pasou coa inversión parada pola aposta feita pola ilegalidade. Pénsase que por ter antes falta de sentidiño agora os construtores terán lasitude na querencia de ganancias, pénsase... si, pénsase, pero no sentido de sempre, de 'non hai oujtra salida, imos por onde sempre', 'máis val vello coñecido que novo por coñecer' ... e polo tanto, seguen funcionando as limitacións laterais que se poñen ós burros, ós animais de carga, para que miren sempre para adiante, pero que non vexan o que lles ven polo lateral a modificar o seu futuro, mesmo de xeito inmediato.
Por certo, tirouse algunha cumbreira en Ribadeo? Vaise esquecendo o tema, pero coido que non se tirou.

Ningún comentario: