20091007

A ciencia en España non necesita tesoiras


Moito se leva dito sobre o 'que inventen eles!' de Unamuno. Moito e tamén moito mal.
Moito se leva escrito sobre o tradicional atraso da ciencia española, primeiro por culpa da nobleza que sumiu nun atraso secular a estrutura mental en España. Despois, polo estreito marcaxe ás ideas da capital da contrareforma. Despois aínda, coa desculpa de que todo do que tiñamos necesidade nos viña de ultramar, e polo tanto non era necesario esforzarse. Aínda despois, a conto da guerra civil, que empurrou fóra da terra ó máis granado das ideas en España... E aínda así, houbo ciencia en España, e todos os comentarios anteriores poden matizarse aínda que sexa a costa de dicir que dificilmente en ningún periodo do último medio milenio en España a ciencia e as ideas, en ningún campo relacionado con ela, foron punteiras salvo personalidades illadas.
O caso é que chegamos á actualidade cun evidente retraso na formación científica e tecnolóxica, e en xeral, na formación de ideas. Algo que se nota en campos dende o comercio de ideas á valoración da formación, pasando polo estado da educación no noso país.
O certo é que pouco a pouco, con moitos atrancos, nas últimas décadas a importancia da investigación en España foi subindo e tamén a inversión feita nela e na formación da seguinte tanta de científicos, así como os polo momento exiguos réditos económicos obtidos, facendo posible un atisbo de ilusión polo futuro entre burocracia, estruturas non funcionais ou asignación de fondos con criterios que teñen pouco que ver coa promoción científica. Un futuro ó que acompañaba a sociedade con ilusión de deter a lenta erosión socioeconómica que ameazaba e ameaza ó noso entorno, ó permitirlle competir en ideas, en xeración de recursos económicos ou en adecuación de estruturas sociais a partir do produto desa inversión en recursos intanxibles que supón a ciencia.
Ben, pois nesas estamos cando unha crise económica, que requeriría para saír dela precisamente incrementar os recursos neste apartado de ideas, unha crise xerada precisamente por sectores que non teñen nada que ver co científico, induce ó goberno a recortar o orzamento correspondente dun sector que podería axudar a saír da crise. É curioso: a construtoras e bancos, ós seus diretivos e millonarios propietarios, hai que axudalos con cartos de todos despois de ter gañado coa especulación do terruño que é de todos e afundido a economía nacional. Mentras, a quen pode axudar a saír dela, pídeselle recortes que non chegan, nin moito menos, para subministrar as axudas dos primeiros, axudas que por outra banda chegarían para cubrir todo o orzamento do sector de ciencia e tecnoloxía. A que clase de lóxica se adhire este binomio de propostas? Diríase que só a criterios políticos pasaxeiros, tentando aproveitar a posible axuda eleitoral de medios controlados precisamente polos beneficiarios das axudas de todos que administra o goberno.
Pode que un escrito curto coma iste sexa necesariamente simplista, e que os recovecos que se poden debuxar nas súas beiras den unha variedade discursiva moito máis rica que á que así se chega. Pero iso non obvia que a idea básica sexa correta así, sen cambios. E tampouco que aínda que os flecos podan facer variar a apariencia da estrutrua inicial, o que mantén a estrutura debe ser isa idea básica, non os flecos. De aí o meu humilde apoio á iniciativa 'a ciencia española non necesita tesouras'.
Todos os blog que participan na iniciativa.

Ningún comentario: