20091021

Cousas de Ribadeo

Mentres parece que no club náutico as cousas comezan de novo a encresparse entre tendencias que optan ó poder e quen o mantén agora, atopamos que un partido, o PSOE, fai propaganda ('comunicación', 'publicación') das axudas da Deputación Provincial a diversas asociacións do concello. A min paréceme lóxico que se diga en que se usan os cartos, dando explicacións. O de actuar de voceiros a nivel local con información non difundida antes a nivel xeral (logo, información privilexiada?) como querendo dicir da súa intervención no proceso, paréceme algo equivocado. Equivocado por varias cousas que non aparecen totalmente explícitas, pero si no substrato da noticia, dende a apropiación de decisións ata a arrogación de caciquismo.
Mentres, o concello, de man do alcalde, está negociando sobre a variante (e nesta outra nota de prensa). Neste caso é o BNG/alcalde o que publicita movementos xerados por el, mentres que a contraparte da negociación, que nega o acceso terceiro a Ribadeo, da estrutura burocrática do estado, controlado polo PSOE, non o anuncia. Normal? Si, claro; remítome ó parágrafo anterior. Tamén se anuncia unha exposición de banda deseñada galega na OMIC, comezando hoxe.
Por certo, en relación a "o Ribadeo que queremos" (ou aquí, aquí, aquí, aquí, aquí, mañá ás 5 da tarde terá lugar na Casa da Xuventude unha tertulia sobre o tema 'O Ribadeo que non queremos' (ver o blog de Atalaia)

Ningún comentario: