20091007

De urxencia

entérome de que as obras contra as riadas na Veiga foron declaradas de urxencia. Paréceme ben que se fagan, e rápido, pero o declaralas de urxencia e executalas como tal, a parte de levar a situacións como que queden incompletas por detalles como o que os viciños non queiran ceder terras de xeito voluntario (o que está a pasar), déixame con cara de asombro, pois, é que é un fenómeno novo o das inundacións na Veiga? As administracións e pseudoadministracións (como a confederación hidrográfica do norte neste caso) teñen 'curiosidades' así, ás que ás veces se lles nota o plumeiro e ás veces, non.
O lector ou lectora decidirá se no caso Acuinor (ver a sentenza en publicado en Ribadeo) se lle nota o plumeiro á administración ou non. De pronto, concello e Xunta (é dicir, a todos nos toca parte) son os paganos, mentras a empresa, Acuinor, se lava as mans (ver o primeiro parágrafo da nova na Voz. E o caso é que, dende certo punto de vista, pode facelo: foron os xefes administrativos daquela época, os últimos da Xunta de Fraga e logo o concello de Balbino, os que propiciaron a situación, mentras os instigadores ou beneficiarios da mesma quedan a unha beira na culpabilidade pois na teoría, eles son só iso, 'beneficiarios'. O mesmo pasa noutras moitas actuacións que pagamos todos.
Por certo, a sentenza recoñece que hai alternativas (cousa xa sabida), aínda que non diga por que se descartaron (como o feito de ser máis caras).
Naturalmente, dende Adega teñen declaracións diferentes ás de Álvarez Cascos.

Ningún comentario: