20091008

Incredulidade




Xa non é a primeira volta que os olíticos en postos de mando engañan á xente que deberan gobernar. Nin a segunda. por iso é normal que tras asegurar que se vai a facer algo, e reaseguralo, cando se negue despois de presións populares, non se crea, porque as verbas lévaas o vento.
Onte en Burela comezou andanza unha xunta de xente heteroxénea para esixir seguridade na zona sanitaria. Seguridade que significa algo máis que verbas nun sentido ou noutro, algo máis que unha promesa que se poda levar o vento. Seguridade que é algo máis que tentar o facer unha xuntanza a toda présa de algo parello o anterior plan 'Queres' , sen chamarlle así (por iso de que é un plan do anterior goberno, quizáis?) e ó que parece, por conveninencia do momento, non por convicción de participación. E xunta que se tivo que reunir fóra do hospital e que doi convocada con sobre tirados pero co logo do hospital.
Despois da intoxicación política a que nos vemos sometidos con farta frecuencia, agora non sabemos se as verbas son vento ou son válidas. Onde quedaría aquelo dos tratos feitos cun apretón de mansque facían os homes d ehonra noutros tempos?
As fotos, tomadas por Pancho Campos, Presidente de O Tesón.

Ningún comentario: