20091027

Os funcionarios diferentes

Por indicacións dun amigo procuro unha nova desta fin de semana que non vira. Trata sobre unha sentenza xudicial que obriga á revisión do convenio dos funcionarios veigueños.
Nada raro. Unha sentenza máis, neste caso desfavorable ó concello. Aclaremos: desfavorable ó equipo de goberno, que concello tamén son os reclamantes. Non obstante, resulta curiosa a comparación de situacións entre os casos de Ribadeo e da Veiga; en Ribadeo deuse por válida a subida e negociación tanto de contratados como de funcionarios, mentras que na Veiga non se negociaba a validez do 'vello convenio', senón a reclamación dun novo; en Ribadeo coido que hai unha nube sobre quen reclamou, pois con protestas de persoal, a reclamación foi levada por políticos, mentras na Veiga foi direitamente parte do persoal do concello. E non coñezo os termos nin dun convenio nin os doutro, salvo o que di a prensa, que se soe decantar a falar de cartos máis que doutras cousas, pero considerando iso, mentras que en Ribadeo parece que só se falaba de subidas, abondantes e discriminatorias (o fallo xudicial di que non é así), na Veiga parece que, con subas tamén abondantes, o que se botaba de falta no convenio era o falar de condicións laborais. Convenio o da Veiga que, por outra banda, non se rexeita, senón que se di que os funcionarios teñen dereito a revisalo a só un ano de funcionamento.
Diferenzas que non son doadas de aprezar pola opinión pública (léase 'por quen non esteña metido no allo') deben ser as que marcan os aparentemente diferentes finais que tiveron os xuízos, quizáis finais máis parellos do que parece a primeira vista. E tamén finais (máis ben, todo o proceso) que fan preguntarse o por que dous concellos limítrofes e de características non tan diferentes, fan convenios de xeito independente, multiplicando por todo o estado as negociacións e as diferencias minúsculas nalgúns casos, pero noutros tamén maiúsculas entre funcionarios semellantes. Non o entendo.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

O Caso da Veiga non ten nada que ver co de Ribadeo. O Tribunal de Oviedo entra a analizar o tema convenio,mentras que o de Coruña non. O de Coruña únicamente valora a validez do pleno que aprobou ese convenio, que moi direfente, pois non entra a facer valoracións da calidade do convenio. As cousas claras.

agremon dixo...

Xa sei algo máis.

Anónimo dixo...

Leín o teu artigo no blog. Non me admite comentarios. Penso que tes confusión sobor do tema de Ribadeo e da Veiga. O caso de Ribadeo, como dixen tantas veces, nada ten que ver co da Veiga. No primeiro, a xuntiza valora a validez dun pleno, non o convenio. No segundo valora o propio convenio. Polo tanto, o tribunal da Coruña non entra a valorar si o convenio se axusta a legalidade ou non, senón que o que se aprobou naquel pleno é válido.

agremon dixo...

Coido que non cabe máis que dicir que 'totalmente dacordo'