20091026
Paseando polo porto de Mirasol sobre a ría de Ribadeo
A contínua atención á verxa do porto de Mirasol que está a ter Portos de Galicia non deixa traslocer cando será o día no que a verxa se peche, estando xa preparada. Pode que non o esteña para os patróns que rexen istas cousas, pero aparentemente hai xa algún tempo que podería pecharse en calquera momento. Que o impide? Pode que non sexa prático, non sei. A entrada principal non deixa ver se o é ou non, nin se ó ter dúas entradas abertas (a non ser que cerraran outra máis ó poñer a funcionar a verxa) compensa o aumento de persoal. En fin, temo que o descubramos algún día, igual que descubriremos algún día que o porto deixou de ser competitivo, e non porque se faga ou non unha nova macro nave anclada no leito da ría, senón por outras cousas como o mantemento dunha verxa que xa foi variada antes de ser usada.
Estaba o 'Frisian sky', non sei ben se ceo frisio ou frigio, como único visitante do porto.
E tamén unha das dúas pilas de sal que levan todo o ano adornando a explanada do último recheo, feito para 'ampliar o porto (a lembrar que reduxo a liña de atraque e a lama de auga dispoñible). A grúa do fondo fai que un se pregunte de novo sobre o motivo da nave que se queŕia facer.
E, en contraste con todo o anterior, o porto pesqueiro, despois de ser trasladado d ePorcillán a Mirasol e agora, á 'Dársena norte de Mirasol'. Os barcos son os que quedan, con dúas precisións: un barco repítese nas dúas fotos e outros teñen matrícula de fóra. O resto, o que máis que barcos sexan barcas, está máis á vista.
En ámbalas dúas fotos, como nunha do 'Frisian sky', deixei como fondo a grúa das Figueiras e o repetidor telefónico para contrastar.
Etiquetas:
Fotos ría de Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario