20091018

Pintadas


Coido que as pintadas a istas alturas xa están moi vistas, e por desgraza (iso creo) no producen xa unha sensación de forte rexeitamento. Pero segue a sorprender que se fagan nunha parede inmaculada, como a do auditorio recén pintado ('plan E), parede que por outra parte, pola súa propia textura pode facer que sexa atractivo ser o primeiro ou primeira en deixar alí a pegada.
O que si está claro é que neste caso non se produxo o efecto 'vidros rotos' de imitación, ó ser parede recén pintada.
Case é un mito nunha cidade un local adicado en exclusiva a servir mexilóns no que a xente tiraba as cunchas ó chan. Cambio o local de donos, sendo a copropietaria xermana, limpa e obstinada. Contan que con pouca ou moita afluenza de xente, despois de deixar o mostrador ben servido de visibles recipientes para as cunchas, cada volta que alguén tiraba unha cuncha (si, 'unha cuncha') saía e limpábaa. E contan que dise xeito, ó cabo dun tempo e dun esforzo grande, logrou que o chan do establecemento continuara limpo de cunchas... e de clientes. Non sei se é verdade a historia, pero cando fun eu, así continuaba o chan e continuaban os clientes.
Dígoo tamén nun momento no que estou escoitando a recollida de vidro na rúa e no que sei que ó baixar, vou atopar mexadas no garaxe. Fai falla tesón para rematar con istas cousas, tendo ademáis presente que se non se pon atención, podern recomezar en calquer momento: a educación, xeración tras xeración, ten compoñentes así.

1 comentario:

Yo escribo dixo...

O problema sempre está nos pais que non lle souberon dar a ese rapaz ou a esa rapaza a educación axeitada.

A moitos rapaces non se lles ocurriría facer pintadas en esas paredes.

Habría que grabar a esos rapaces y rapazas facendo as pintadas e denunciar aos países, e deixalos en evidencia diante de todos os veciños.