Dende hai tempo véñolle dando voltas a poñer en marcha un sitio de liberación e cruce de libros en Ribadeo. Como soe dicirse, chegou o momento.
Hoxe mércores ás oito da tarde haberá un pequeno acto de presentación da iniciativa, encadrada dentro do movemento bookcrossing a nivel mundial (a información na web pode atoparse a partir de http://www.bookcrossing-spain.com) e que conta polo momento co apoio da AVV O Tesón e a colaboración do concello, e que espera contar co apoio de tódala xente de boa vontade. Calquera está invitado ó acto, feito en realidade máis que nada para que a xente se entere da existencia deste lugar, un sitio para deixar e coller libros na Oficina de Turismo de Ribadeo.
Alí serán deixados alomenos 50 libros esta tarde, despois de rexistralos na web e pegarlle pequenos letreiros indicando que son libros que non están tirados, senón que se deixan para o seu uso, para dinamizalos, para que sirvan o máis poisble, indicando o número de rexistro para seguirlles o rastro, etc. Se alguén trae máis libros, mellor: pouco a pouco iránse rexistrando para seguirlles mellor o rastro e que podan cumprir mellor a súa función.
A radio e a prensa (aquí, na Voz) fíxéronse eco da iniciativa, foi difundida pola lista de cultura do concello e agora sae no blog, pero coido que necesitará coidados durante un tempo para ter un subministro contínuo de libros, unha renovación que afaga a algunha xente a pasarse por alí para compartir. De momento, espero seguir deixando libros a razón de varios por semana durante varios meses, mesmo libros que na biblioteca municipal non saben xa onde poñer, de ateigada de fondos bibliográficos que está, ata que vexa unha renovación efectiva, sexa por que se traian e leven libros doutros lugares como Lugo ou Oviedo ou porque outras persoas, en conxunto, contribúan dun xeito regular.
Teño claro que poñer en marcha unha iniciativa deste tipo é doado, pero non o é tanto mantela ata que frutifique; en casos pode tardar moito tempo en facelo, e aínda nalgún, sinxelamente pode non frutificar.
En fin, pódense dicir moitas máis cousas para deixar unha imaxe nídia do bookcrossing, pero a mellor aprendizaxe ven de praticalo. De coller un libro e comezar a lelo, de, se se quere, comentalo na web ou dicir donde se deixa, de deixar algún libro que se vexa que non é probable que se volte a ler e que mesmo esteña ocupando un espazo que é necesario na casa para outras cousas, ...
Pois iso; a cousa irá medrando pouco a pouco, pero non chega con medrar o número de fondos; para que a iniciativa arranque necesita uso. E xa veremos como resulta.
(ver tamén a entrada posterior http://ribadeando.blogspot.com/2009/10/xa-temos-zona-bookcrossing.html)
1 comentario:
Muy buena idea Antonio la que has lanzado.
Espero que fructifique y me de tiempo de hacer alguna contribución. Y tambien de aprovecharme de ella...
Publicar un comentario