Un día calquera pódense atopar nos xornais diversas novas sobre Ribadeo. Algunha será claramente positiva, como que se amosaran ós alumnos ribadenses de medias diversos aspectos e características das rías por parte do instituto oceanográfico, desenvoltando a toma de mostras e unha imaxe da investigación correspondente, nun proceso que parece moi satisfactorio.
Algunha outra soe ser de tipo anuncio, como que o diretor do CETAL anime ós agricultores á producción de compost, como sucedu ista semana nun cursiño na Pedro Murias, que se detallou por isa nova, non polo propio cursiño en si.
E sempre hai máis novas, pero... son do tipo conflito:
A voltas coa futura nova liña de alta tensión: primeiro si, e logo non? Despois de non saberse nada dela, aparecen datos, ven a oposición veciñal, xustifícase a súa existencia pola Xunta e o concello por mor do polígono industrial, despois a nova Xunta parece como se non tivera noticia dela, agora o concello reclama a súa tramitación. E vai, e ven, e vai, ...
A convocatoria da xunta local de seguridade non é por unha idea peregrina, senón por necesidade a raíz da perpetración dunha serie de roubos, aínda que posiblemente se treten outros temas. Pero ó tempo, hai declaracións para facelo sen levantar alarma social, co que o efecto que produce é máis ben o contrario.
Se falamos da vivenda tutelada do concello, xurde o problema da calidade da comida e o seu custe e aproveitamento (coido lembrar que xa apareceu o tema nun pleno hai algún tempo).
Os cartos do concello? Xa non son polémicas sobre se empregalos aquí ou aló, cousa que sería normal. Agora trátase dos pagos feitos e como foron feitos. E con ameazas por medio de levar o tema o xulgado. Eu cría que a cousa era máis ben ó revés, ó xulgado cando se podía demostrar e mentras, recoller información sen que a xente implicada se decatara, pero non, parece que me equivoquei, que o importante é que se fale.
Área sanitaria? En espera do que saia no DOG e da próxima xuntanza da plataforma, as declaracións últimas do xerente provincial de atención primaria (de onte, parece) son 'alentadoras' ó conflito e á craridade: Haberá un xerente único, que non significa a supresión de ningunha área. É dicir, o hospital de Burela vai seguir sendo o hospital de Burela (...). O que pasa é que a estrutura de xestión dependerá dunha única persoa. Ou sexa, que o hospital non o tiran abaixo, pero a independencia mariñana esfumouse. Iso si, da 'zona' non fala.
Se é de limpeza nas rúas, a polémica está servida. O que non significa que mellore ou empeore.
Se é o PXOM, leva en revisión de alegacións dende hai máis dun ano, e 'espérase que se aprobe en non moito tempo', ou sexa, sen data polo momento.
Coido que isto non é un reflexo do Ribadeo de hoxe, pero cando se fai soar a auga, pode parecer un río e ter a imaxe, e actuar como si fora un río, e entón, teremos todo o malo do río sen o bó (iso si, tamén teremos algunha das cousas boas, como diversión)
1 comentario:
Coido que o tema sanitario via haber que enfocalo doutro xeito: xa non como como conservación da zona (que tamén, en principio), senón como calidade, que se está a degradar e que ten, en parte, relación cunha nova que vexo hoxe: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/negocio/sanidad/publica/elpepuespgal/20091101elpgal_7/Tes
Publicar un comentario