A tradición non é un modelo de negocio. Estáse comprobando en diversos nichos de mercado ou servicios. Hoxe mesmo leo en im-pulso que a inercia da compra de periódicos non implica que isa inercia se poda ir perdendo, como en realidade ocorre, debido a un perfil menos de servicio e máis de ganancia da prensa. Dixen xa hai moito que o modelo de negocio basado no ruído dos pub de Ribadeo debería de cambiar, pero quizáis debido ó difícil que é a inercia, a parte de que se me vexa como implicado polo propio tema do ruído, que levo combatido tanto tempo xa, polo momento segue desenvoltándose dun xeito semellante, e despoblándose acompañdo coa crise (o que non significa que remate o ruído, aínda que diminúa o externo, o da rúa). De xeito parello, outros servicios procuran solucións ad-hoca, aínda que non pareza que sexa a solución definitiva ós problemas, senón un mero parche. Así ocorre coas promocións da prensa, películas, libros, pins ou figuriñas de faros, parece que todo valla como complemento para tentar vender máis co gancho non do negocio principal, senón do accesorio. A última nova que teño desta tendencia é nos cines (non só no de Ribadeo) facendo descontos por motivos varios, incluída a entrega de cartuchos de tinta da impresora. Algo que pode aumentar a recollida de cartuchos como unha curiosidade e aumentar a conciencia medioambiental dos cinéfilos, ó tempo que se fai propaganda sobre a existencia (aínda) do cine. E aí coido que estaría a curiosidade: no aproveitamento de sinerxias entre un tema en alza, o medioambiental, neste caso na versión de reciclado, e outro en baixa, a asistencia ó cine, no que se conxugan diversos factores, dende que 'o cine xa non foi o que era' socialmente falando, pasando por 'as pelis xa non son o que eran' (inflacción de pelis e rebaixa da súa calidade media en relación a un público máis esixente), a competencia da televisión (que implicou dende o seu nacemento unha caída acelerada de taquilla) ou máis aínda nestes tempos últimos, de internet.
Serviría a iniciativa para aumentar a os cinevisualizadores? Dubido que en cantidade apreciable. E para aumentar a taquilla? Máis ben o contrario, como fan todas as promocións que non incrementans significativamente a cantidade vendida. E para aumentar a longo prazo a asistencia? Relacionado coas respostas anteriores, tamén o dubido.
Lía hai non moito a conta dun tema profesional que para innovar 'hai que ver a vida cos ollos dun neno'. Si, pero agora os nenos adoitan posturas de maior moi cedo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario