"En Galicia hai familias que se desintegran mentras outros fánse millonarios". Á frase pódeselle quitar importancia dicindo, por exemplo, que foi escoitada nunha película, 'Heroína', que non é nada novo ou que non só sucede en Galicia. Tamén se lle pode acumular dicindo por exemplo que a desintegración de familias enteiras fáise un negocio, nexo entre a primeira e a segunda parte da frase, ou que ise negocio tenta non só manterse, senón impoñerse de xeito económico e mafioso, ou que non só algo que pase 'a nivel xeral', senón nos pobos, próximo a nós.
Pódese pensar na frase (ou noutras moitas polo estilo) e quedarse aí. Pódese actuar en conciencia e sufrir as consecuencias. Pódese considerar que hai outras preferencias, aínda que se apoie o combate. Pódese pasar de todo (o de 'a min non me importa', 'non me afecta', etc). E mesmo pódese xuntar un o bando dos millonarios a conta dos outros. Para elixir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario