20091003

Xogando coa saúde

Deixoa a foto da capela de San Miguel por fóra, complementado a que puxen onte por dentro. A iste paso teremos que irnos afeccionando a visitar as igrexas e convén coñecelas.
Dígoo porque parece que na loita pola sanidade se ten perdido o norte, real e figuradamente. De xeito real poque a área de Burela tende a desaparecer, e de xeito figurado porque dan a apariencia de que non teñen as ideas claras, ou de que as teñen e queren marear a perdiz (mentras, da calidade do servizo non se fala, de feito, o programa 'queres' parece ter pasado a mellor vida)
Resulta que agora, para botar balóns fóra, os actuais administradores din que o BNG (é dicir, o anterior goberno) quería unificar a área de Burela coa de Ferrol, deixando o norte galego cunha soa área totalemente descentrada, na que o hospital principal distaría de Ribadeo ainda unhas deceas de quilómetros máis que dista Lugo. Naturalemente, o desmentido do BNG xa está hoxe na prensa. E tamén resulta que dinque non nos preocupemos os mariñanos, que só é unha cuestión administrativa e que non se van a diminuír servizos na costa. E penso, e os que se van a deixar de aumentar? Ó mellor algún disos aínda, en aras da reacionalización de servizos e eficiencia, segue sen estar presnete en burela aínda que continúe a área tal cual. Pero o que non teño claro é o das promesas. E para iso, vénme unha e outra volta á mente algo que vivín co da macrogalpón que se quería dispor no peirao ribadense: a unha pregunta miña, lembrando que mesmo estaba escrito na prensa que o anterior director xeral dixera que non se ía a construír na explanada de ampliación do peirao feita o ano anterior, o novo cargo respondeu algo así como que quen promentera xa non manda, e polo tanto se había algo escrito era peor que se fora papel mollado, como se non existira nunca.
E, no fondo, a nosa saúde, mentras na superficie se empregan os instrumentos que deberan facilitar a boa saúde de todos para tirar os trastos (si, os de todos) contra o viciño contra o que se está enfrontado particularmente.

Ningún comentario: