20091021

Xuntanzas sobre a Área Sanitaria da Mariña (Burela, 20091019)

Conforme ó prometido nun post anterior ('Por vía dos feitos, hospital desfeito'), inclúo a continuación unha nota que me pasaron sobre as xuntanzas sobre a zona sanitaria mantidas o luns 19 en Burela, tendo en conta que variei unhas cantas cousas de como viñan escritas segundo a miña percepción e para axudar á letura, o que aclaro por se non entendín algunha cousa como é debido.

Notas tomadas na Reunión convocada polo SERGAS no HOSPITAL DA COSTA de Burela
Luns, 19 de Outubro 2009 ás 19:00 horas, en segunda convocatoria
A Xuntanza comenzou presidida por D. Carlos López Somoza, Xerente do Hospital e por D. José Ramón Fernandez, Secretario Provincial do SERGAS.
Asistiron os alcaldes de Burela e de Viveiro, así como distintas asociacións de veciños da Mariña: Ribadeo, Foz, Burela, etc (non houbo presentación previa, só se lle deron os nomes a Secretaria do Acto, que é de supor levantou acta do evento)
Asemade, asistiron representantes dos sindicatos: UGT, CCOO e CIG. É dicir, non é exactamente unha continuación das xuntanzas do programa 'Queres', senón algo circunstancial, cinguido o momento, polo que dito programa como tal a día de hoxe está 'morto'
En primeiro lugar explicouse de que a Área de Xestión está integrada por un Primeiro Nivel de Área Especializada e un Segundo Nivel de Area Primaria. É dicir, a Atención Primaria por parte do médico de cabeceira e do PAC do lugar, por exemplo de Ribadeo, en donde o médico de cabeceira fai unha valoración da enfermedade, mediante a súa propia consulta e tamén pedindo análisis de sangre, algunha radiografía, etc, cousas que se fan en Ribadeo sen desprazarse a ningures. Logo, en caso de que o médico de cabeceira non vexa a cousa clara, fai un volante, e manda o paciente ó Especialista a Burela, Área Especializada.
En estes momentos Burela, só remite a outros hospitales do SERGAS, en caso de enfermos mentales e de certas probas que pertenzendo á sanidade pública non hay en Burela (como no caso de ter que facer un cateterismo, que mandan o paciente para o Juan Canalejo da Coruña ou para outro en donde teñen os medios e especialistas para facelo).
Incidiron en que queren poñer como eixe do sistema o Paciente, e a dirección do SERGAS 'horizontal', máis distribuída, pois según dixo o Xerente do Hospital, agora está “vertical”, máis concentrada, e é moi ineficiente. Así, coa nova normativa, do 2008, agora pretenden que a Xestión das Consultas sexa por Procesos. Isto é: Primaria-Especializada-Primaria, facendo algo ó que lle puxeron o nome de: “rutas existenciais”, cunha resolución rápida en un porcentaxe do 15% (P-E-P), e con unha resolución de longo tempo de un 75% dos pacientes, cunha ruta tipo:
1)Consultas de valoración (praxis do médico de cabeceira, análisis clínicos, ecografías, radiografías, etc.etc.)
2)Ver as Probas e Resultados – Dar tratamento
3)Ver a resposta ó tratamento
4)Dar ó paciente de alta na Especializada, e volvelo a reenviar a atención Primaria, considerado o nivel ou 'estado natural'
¿Qué cambia con este plan? Ata aquí, con todo o que se dixo, non hai nada novo, excepto a nomenclatura, pois para o paciente é exactamente igual a todo o sistema que se segue actualmente.
Por outra banda, e aquí sí que está o QUIZ da cuestión, parece ser que para poder realizar toda esta parafernalia, pretenden facer unha Xerencia Única da Area Sanitaria Cervo-Burela e Lugo.

Xuntanza da “Plataforma” na antiga biblioteca de Burela
Luns, 19 de Outubro 2009 ás 20:00 horas en primeira e única convocatoria
A maior parte dos asistentes foron dende a xuntanza co SERGAS.
Fíxose un pequeno resume do que alí acontecera e a xente amosouse moi preocupada por lo anunciado sistema de Xestión Única.
Pretendeuse facer unha cabeza xestora ou Directiva da Plataforma, con nomes e apelidos, asociacións, alcaldías, etc, pero coas excepcións de quenes ían a título persoal, ninguén tiña autoridade para dispor unha asociación formal das entidades que representaba.

Notas xerais:
En termos xerais, as pretensións da administración significan a centralización do sistema en Lugo, e máis despois de poñer en marcha o novo Hopital.
Aínda que non desapareza o nome de Área Hospitalaria de Burela, os especialistas pasarán a maior parte do tempo en Lugo, pois o hoxe Hospital de Burela quedará como unha especie de “Gran Ambulatorio de Burela” ... e perderá as unhas e outras especialidades en favor de Lugo, obrigando pouco a pouco a depender á Mariña de Lugo no que á Sanidade se refire.

Ningún comentario: