
As fotos están tomadas esta fin de semana. A porta principal baixa do ascensor da Atalaia, que polo momento está sen nome a pesares do acertado alcume de Gaiás de Ribadeo, xa con cancela, o mesmo que a lateral, e unha imaxe de ascensor-rañaceos son actuais.
O sal, un montón perto da lonxa, tamén é actual, e para ver o seu tamaño chega con comprobar que, dende o paseo Alfonso Rodríguez Castelao, das Figueiras só se ve a punta da grúa de Gondán, e de Castropol, como non ten grúa desas dimensións, non se ve nada. Como contraste, e de recheo en recheo, o resto que queda en Mirasol dos dous montóns que pasaron o ano alí: un cacho dun, por certo cunha beira nunha pendente inverosímil para un montón de sal, e unha franxa nela que fai outra curiosidade máis.
A última foto, Castropol a contraluz, pola mañá, non é miña. Nela pódese ver a axitación da auga coa marea baixando e as ondas reflectidas no espigón do porto pesqueiro.



Ningún comentario:
Publicar un comentario