Despois de ver a nova do xurdimento da plataforma e-Wise en Lugo (estou a falar dunha nova que apareceu o 4 de setembro), viñéronme á cabeza dúas cousas ben diferentes. 1. Por que non en Ribadeo? 2. Ó comezo terá moitos erros debido á inexistencia de información sobre servizos existentes que non están cargados na plataforma. Que información ten na actualidade Ribadeo sobre os mesmos?
Ben, que é e-Wise? Un sistema de recollida e mantemento de datos sobre a distribución e o estado das infrastruturas dos servizos que están furando as nosas vilas. ises que fan que cada dous por tres haxca que estar levantando as rúas a pouco que se descuiden os munícipes e o favorezan non amntendo a información adecuada.
Naturalmente, cando a cidade sexa maior, hai maior perigo de que as informacións relativas se perdan, e de estar a levantar unha e outra vez as rúas para facer o mantemento correspondente ou a ampliación de servizos. Co paso do tempo, tamén é máis probable que suceda. Por iso, chámese e-Wise como en Lugo, chámese doutro xeito e o sistema varíe como sexa, pero o caso é que cada vez é máis necesario en calquera sitio. De feito, en Ribadeo, o actual alcalde advertiu, segundo a prensa no seu momento, que as empresas que tiveran que meter infrastruturas no subsolo que foran aproveitando as rúas que se ían renovando, que logo non se lles ía deixar. E, aparentemente alomenos, as novas obras fan que tódalas rúas remozadas leven un tubo de cables e outras cousas semellantes. Pero dubido que, tal como está a facerse, abonde.
Por iso, por que non e-Wise en Ribadeo? Quizáis, segundo o parágrafo anterior, se considera que xa se está a facer algo parello. Se é asi, que información ten o concello sobre as infrastruturas subteránes ribadenses? Porque si, ó mellor a ten (debera tela), pero procurar algo pode ser como a procura dunha agulla nun palleiro. E, que previsións de medre ten o sistema que se esteña a usar para o paso das infrastruturas por baixo da rúa?
A foto? Da petición de sinaturas realizada onte por UPRi na porta da caixa de Aforros de Galicia (xa non hai perda, a oficina nova da Caixa que se abriu na Avda. de Galicia cerrou as súas portas hai cousa dun mes) para pedir a realización da residencia de anciáns no antigo colexio da r/Trinidad. Nº de sinaturas recollidas? Non sei. Antes de instalarse onte alí dicían ter 500.
Ningún comentario:
Publicar un comentario