20091117

Informe sobre a sentenza en contra da piscifactoría de Rinlo

    25 persoas acudiron o sábado a unha pequena explicación de Adega sobre a sentenza xudicial en relación coa posibilidade dunha piscifactoría de Acuinor en Meirengos (comunmente dito Rinlo, pero non). Mentres segue a lagoa Cascos presente como furado conmemorativo, tamén a prensa se fai eco da reclamación de Acuinor á Xunta: 8,2M€. Algo que, de prosperar, deberemos pagar todos por unha decisión ó tempo favorecedora, rápida e in extremis da época de Fraga e Balbino.
Un resume que me enviaron sobre a charla do sábado:
'    Foi moi reveladora da situación actual que se vive na Administración pública galega. O da piscifactoría de Rinlo foi un pactada no seu tempo, entre un membro da Administración Fraga e Álvarez Cascos, despois de ser rexeitado o proxecto en varios puntos do litoral asturiano. A permisivide do goberno favorece certos tipos de actuación mafiosa. É preciso que a xente normal teña que pararlles os pés (poñéndose diante das máquinas, é arriscando a pel, como foi o caso da xente de Adega). Ademais, co INRI de que os que veñen destruír o medio ambiente, propoñen o caso en "aras de crear postos de traballo" pero non como empresarios, senón como si foran ONGs en aras de santidade.
    ADEGA tivo que defender o pleito de xeito terceiromundista, pois a Administración parece estar en connivencia cos infractores, o que leva a romper o estado de dereito. agora tocará lidiar coa anulación da lei do litoral dos 500 metros.
Para ben ser, deberan os propios concellos implicarse na Rede Natura e en Patrimonio, claro, pero isto trae "problemas cos plans de urbanismo" que pretenden os plenos dos concellos, habendo sempre alguén implicado no asunto.
O caso foi dificultoso, pois había "presunción de legalidade", ó ter licenza de obra, dada a nivel municipal cando aínda non saíra no DOGA a aprobación da Xunta.'
    Un par de citas lidas hai pouco poden aclarar a situación:
    1. 'Se os dirixentes vólvense máis lerdos que os dirixidos, nos diriximos á catástrofe'. Coido que é de Gramsci, pero citado por outro (en "Sobre los trazos difuminados de la República Democrática Alemana", Le Monde Diplomatique, nov. 2009). E poderíase engadir que vale, e aínda ten máis valor, se substituímos lerdos por corruptos ou outras opcións.
    2. 'Temos que voltar a aprender que podemos cambiar as cousas' (Ingo Schulze, citado en "Sobre los trazos difuminados de la República Democrática Alemana", Le Monde Diplomatique, nov. 2009)

Ningún comentario: