Parafraseo o título do boletín da Atalaia para agrupar nun só título doce fotografías tomadas hai unha semana.
Pode que fora mellor ilas desgranando pouco a pouco, explicándoas, comentándoas, facendo ver a interrupción visual en algo que noutro momento foi mirador e agora queda como balcón sobre Porcillán. Decidín non facelo así agora (quizáis máis adiante) porque hai cousas que trascenden o que se pode ver, como o mantemento dun armatroste que xa veremos cántos días está usado ó ano e a que custe (a lembrar que deixei de contar xa os días de uso de carpas no parque tras amosar que superaban 1/3 do total; aquí, unha das entradas).
O do ascensor coido que é lamentable, sen máis. Queda pois aquí ista reportaxe gráfica, a parte de comentarios xa pasados (moitos) ou futuros (que os haberá).
Ningún comentario:
Publicar un comentario