20091116

Plan E ando Ribadeo

Medio mes despois do anumcio do novo Plan E e o que lle afectaba a Ribadeo, as obras, poi a iso se enfoca e diso se fala, descoñécense. Non obstante, os obxectivos do plan non parecían ser ises. E, mentras, as rúas que se 'transformaron, modificaron, humanizaron, ...' seguen en calquera caso sen carril bici, perdendo unha oportunidade de actuación, aínda que sexa a pequenos anacos (ou deixando preparados ises anacos sen uso polo momento mentras non se unan entre eles...), para acoller a un medio de transporte que está a medrar cara ó futuro, aínda que non en Ribadeo.
De calquera xeito, as novas obras/actuacións descoñécense e tampouco ista volta se pideu ó pobo colaboración ou ideas: coido que non fai falta facer unha macroasamblea para pedila, pois hoxe hai xeitos (aquí está internet, sen ir máis lonxe) de participación que permiten un bo 'rendemento participativo' reducindo o maremágnum de xuntanzas diversas que era necesario noutro tempo. Por certo, que no novo plan E caben cousas como a dotación de wifi a toda a poboación, algo que coido que paga a pena ser lembrado, e que, pese a restriccións legais e loitas diversas, está saíndo adiante en diversos lugares da xeografía española, por non dicir noutros países. Sería algo así como seguir o impulso dise primeiro paso de protesta contra a SGAE que se pode ver istes días na web do concello.
En relación ó tema da SGAE, lembro que teño colagado algúns vídeos precisamente coas condicións que se reúnen para que non sexa reclamada contribución (aquí, un exemplo do que digo, dunha obra que xa ten os dereitos de autor caducados, Pepita Greus), e de obras polas que estaría pagando o concello pola súa execución.

Ningún comentario: