20091103

Reclamacións na zona de Ribadeo


Mentras a plataforma de defensa da zona sanitaria vai pouco a pouco poñéndose en marcha (última xuntanza, onte, en Burela, quedando constituída unha pequena comisión que se moverá ata o día 11, data da próxima xuntanza) case se pode dicir na semiclandestinidade, un sindicato (UGT) pide o que hai un ano pediron diversas asociacións de veciños, coido que a primeira delas, o Tesón: que os concellos conten con outros actores para a determinación das obras anticrise. Claro que as asociacións pedían que se contemplara unha participación ampla, mentras que os sindicatos piden para eles ... e para a patronal. É dicir, a parte social do emprego, que sexa vixiada polas 'forzas económicas'. E voltamos a estar nunha tentativa de concentración de poder en troques de distribución do mesmo. Iso que só estamos a falar a nivel da Mariña, da que trae a nova o xornal de hoxe.
Unha reclamación específica de Ribadeo dase polos cortes de luz do domingo, despois de que as reclamacións anteriores (non as do 'Klaus', que teñen categoría aparte), promovidas polo Tesón e rubricadas por unha decea de asociacións veciñais, quedaran nun carteo que nin comerciantes nin concello apoiaron efectivamente. E agora, quéixanse e din de tomar medidas, de paso que se pide de novo a subestación e a liña correspondente, ambas aínda en polémica. Farase algo, pero coa desunión non se vai a ningures.
Claro que as discrepancias danse tamén en temas máis acotados, como no clube náutico, onde a semana pasada dimitiu un diretivo e foi expulsado outro, e parece que vai a seguir a liña dunha polémica que dende fóra da asociación xa parecía esgotada. Non comento máis porque as informacións que me chegan, prensa incluída, non dan para máis. E hai aínda outra asociación, da que son socio, da que teño novas que dimitiu o presidente, pero teño que confirmalo.

Mentras, o porto segue con naves apuntaladas, comezaron xa obras en Mirasol nas que polo menos van a substituírse norais, pero que coido son as de igualación de altura do frente de amarre, previstas dende hai tempo. Asemade, coido que hai previstas obras de levantamento do piso do peirao de Porcillán, si, ise no que polo menos unha parte está a pedras portuarias...

Ningún comentario: