20091112

Saneamento nas beiras da ría de Ribadeo

Aínda non remataron na prensa as novas relacionadas co pleno do luns. Por iso quizáis UPRi segue a recoller sinaturas para o cambio de uso previsto para o antigo colexio das monxas na rúa Trinidad, e di que xa levan mil sinaturas.
Pero vánse impoñendo outros temas, como o pulso do mercado de Castropol, que como era probable e xa comentei a semana pasada, polo momento aumenta o número de postos, nun pulso semellante á 'folga' do pasado ano en Ribadeo.
E tamén algún tema que considero enganoso no plantexamento. Vexo o titular de hoxe sobre o saneamento da ría e coido evidente que non corresponde ó interior. A non correspondencia de titular e interior pode ser debida a unha técnica periodística ou a un sinxelo despiste, pero titular e interior en conxunto poñen de manifesto algo claro: que a parte asturiana da ría de Ribadeo vai retrasada na actualidade en temas de saneamento fronte á galega. Pode que porque aquí a poboación esteña máis concentrada na vila, o que da unha ventaxa. De calquera xeito débese seguir mellorando.

Ningún comentario: