Hai uns días a alcaldía protestou polo cobro da SGAE, 'máis de 2 500 €'. A sgae contestou dicindo que é pouco.
Lémbrome dun caso dunha sociedade equivalente no extranxeiro que saiu non hai moito nos medios: Concerto benéfico de músico famoso. Doazón dos dereitos pola súa parte. Si, pero... houbo que pagar os dereitos á sociedade, que descontou a súa porcentaxe, déulle o correspondente ó músico e logo iste devolveu os cartos, sen a porcentaxe, ós organizadores: o músico cumpriu, pero a sociedade importáballe un bledo ise cumprimento, e si o seu propio funcionamento. Ben, é un exemplo de fóra, lonxano, de Rusia (o músico non estou fixo) e pode parecer desdibuxado.
Di o representante da sgae que só cobran cando se interpretan obras ou amaños dos seus asociados. Ó longo do territorio de España estánse a dar casos nos que non demostra nada diso, senón ó contrario. Demostrouno en Ribadeo?
Niste, ó igual que noutros moitos casos nos que as partes litigantes teñen diferente poder, a proba da carga / a carga da proba cae, tanto sexa por acción como por omisión, pola parte máis débil con diferenza. E niste caso, o concello, cos 9 M€ escasos de orzamento distribuído en causas diversas, é unhas cantas deceas de veces menos poderoso que a sgae, cun orzamento concentrado nunha temática.
Coido que de SGAE pasou hai tempo a sgae, non querendo aplicarlle o que teño visto en moitos lugares, $GAE. Por certo, quizáis ó concello lle viría ben poñerse en contacto coa eXgae.
Ningún comentario:
Publicar un comentario