20091105

Táctica política no PP de Ribadeo

É instrutivo ver o devir político cunha pouca de análise. Non tanto os casos de corrupción como a propia vida normal dos partidos, que é a que manifesta mellor o ser social que son (a corrupción é máis unha enfirmidade das persoas, aínda que se poda rematar transmitindo ó corpo social, á estrutura na que están inmersas, se non se actúa a tempo). Neste caso, o PP ribadense, que leva xerando no pobo dimes e diretes sobre a sucesión ó ata agora xefe partidario en Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, abriu a caza do candidato, proclamando onte a súa apertura ó facer público o anuncio de precandidaturas (5 polo momento, Azucena - Xerente da Funcación comarcal da Mariña Oriental, José Luis López Braña identificable pola xestoráiq eu leva os seus apelidos, Jesús López Penabad e Begoña Sanjurjo, ambos concellais, máis M. Valín - Xerente da Funcación comarcal da Mariña Central), tornando así un ruxeruxe que coido que estaba facéndolle mal ás espectativas futuras do partido, nunha espectativa que o promociona e que promociona os nomes dos precandidatos, facilitando un primeiro paso para a candidatura de quen sexa á alcaldía: o coñecemento polo público.
Ben é certo que a proclamada apertura non o é tanto (parece que onte por algunha cadea radiofónica invitouse a que se presentara calquera, o que me fixo pensar que pasaría se se presentara alguén sen ser do partido e non levando na súa existencia moitos votos da súa parte), pois non vai ser elixido polos asociados, senón pola executiva, o comité diretivo local, dezaoito persoas ó que parece.
Ben, en resume, un sinxelo anuncio ben calculado pode virar as tornas dunha división partidaria nun proceso de unión baixo un único paraugas no que alomenos pareza que todos contribúen.

Ningún comentario: