20091101

Un artigo de onte na Comarca: Problemática da crise, por Rodrigo Pérez Coto

Podemos ter moi diferentes imaxes e pensamentos sobre a crise, dende os por que á amplitude real, pasando pola súa conexión con outros temas vitais ou ideolóxicos, pero o caso é que todos estamos de acordo sobre a súa existencia. Deixo hoxe un artigo que apareceu na comarca de onte e que da unha visión un pouco diferente das anteriores que levan aparecido aquí.
--
PROBLEMÁTICA DA CRISE

Nestes tempos malos, sobre todo para os que aínda estamos subindo pola escada, compren medidas capaces de sacar adiante aos demais, ou sexa unir forzas para non ter que recurrir a apretarse o cinto, ao estilo do maquiavélico Sr.Burns, dono da fábrica da sonada serie Os Simpons. Pero sen chegar a iso o que si é certo é que neste tempo xorde a figura do empresario listillo que pensa que ten solución para todo, aínda que ben sabemos que ideas máxicas non exiten mais que na ficción e soen caer nunha especie de posesión narcisista que os converte en prepotentes e os fai levitar pensando que están cos deuses do Olimpo,
departindo coa diosa Atenea. No outro extremo da corda está a Omnipotente Administración, somos coñecedores polos medios de comunicación de que a corruptela de turno está á orde do día. Nós mesmos podemos observar o destino da inversión do PLAN E, que particularmente creo non está a servir para o que realmente se creou, que é que as empresas poidan optar a facer obras, poidan seguir mantendo en nómina aos empregados; segundo comentan diferentes publicacións entre algunhas das condicións que lles poñen, por exemplo, é ter que contratar a xente que esteña no paro. Isto en moitos casos non se está a cumprir, pois as empresas botan aos seus propios traballadores e logo volven a collelos, e o único que se está a lograr é que sigan mantendo os seus beneficios os do outro extremo da corda, aproveitando toda clase de trampulladas sendo os únicos damnificados os que non acadan o ansiado traballo. Isto, unido a que o anaco de tarta sempre lles toca ós mesmos, é dicir, en vez de repartir o traballo entre todas as empresas posibles para que vaian mantendo ós seus traballadores o que fan é seguir coas súas redes clientelares, deducimos que a economía non se move, segue igual, seguen a perderse montóns de postos de traballo mesmo con toda á batería de medidas que se están a tomar, o que fan os responsables de administrar os cartos é non facelo co criterio que se lles supón e así a maioría segue a afundirse un pouco mais. Estamos a seguir con esa herencia caduca de corrupela máis propia de países autoritarios que de democracias asentadas, esto é o que hai e así o contamos.

Rodrigo Pérez Coto

Ningún comentario: