20091111

Un pleno no seu día (II)

Despois da primeira parte do pleno, o punto 11º aglomerou as tres mocións.
O PP presentou unha moción tipo contra os orzamentos do estado para o 2010. UPRi razoou a súa abstención no seu carácter local. O PSOE anunción o seu voto en cotra e denunciou o carácter demagóxico, segundo eles, da moción, cunha pequena discusión sobre se se tirano os cartos do plan E ou se os cartos 'os trae Zapatero' (curiosa forma de falar). O BNG razoou o seu acordo en puntos da moción e desacordo noutros, pero ó fin a moción saiu adiante co seu voto.
a segunda moción, o cambio de ubicación da residencia de maiore e centro de Alzheimer, proposta por UPRi, suscitou unha dura discusión e acusacións. O PSOE anunciou o seu voto a favor, e o PP, en contra, xustificando a súa postura polos protocolos asinados entre Xunta e Bispado, estando o concello implicado pero só dende fóra. O BNG manifestouse contrario razoando en principio nos mesmos termos que o PP, engadindo que en Ove polo momento só había previsto un centro de día de Alzhéimer, e estase a esperar a redacción definitiva do PXOM para plantexar na finca anexa á rectoral de Ove (ver entrada sobre o tema da ubicación do futuro asilo) unha residencia de ancianos moderna. Fíxose tamén fincapé na estrutura do edificio (baixo e un andar por diante, e tres por tras, con patio 'que parece unha cárcere'), e o feito de estar xa en fase de execución o albergue, engadindo que máis ben debera de darse unha moción conxunta para axilizar os trámites e licitar as obras. A moción foi rexeitada pois cos votos de PP e BNG.
A moción do BNG sobre o mantemento da área sanitaria da Mariña suscitou un 'de ustedes non me fío' por parte de F. Rivas dirixido ó alcalde ó anunciar o voto negativo, e contestado por iste con 'desconfianza recíproca'. O PSOE anunciou o seu voto a favor, e o PP en contra dicindo que era un xeito sesgado de dar información. Aprobouse pois coa rara agrupación neste mandato de votos de BNG e PSOE, o que suscitou un pequeno comentario do alcalde e réplica por parte de Balbino Pérez.
Despois plantexous por parte de Ramón López, do PSOE, un ha moción por trámite de urxencia para que se lle de ó PSOE o expediente completo dos gastos do núcleo de sostibilidade do 2008, cuestión que xa xerara controversia na primeira parte do pleno. A resposta foi polo camiño de que o tema xa fora tratado nun pleno anterior, e repetiu o alcalde que tiveran dous días para xustificar facturas e non perder a subvención. O tema ademáis suscitou un levantamento de voz e discusión en resposta de Horacio Cupeiro á dúbida do PSOE de que se recibiran contedores mercados que constan nos papeis correspondentes. A moción foi rexeitada cos votos de BNG e PP, un de cuxos membros, Nenó, ó ser presionado para a votación, veu a dicir algo así como 'se se conculcan os dereitos, ó xulgado' (a lembrar que no seu momento o PSOE, no poder municipal, meteu no xulgado a membros do PP por filtracións, tema do que saíron absoltos).
Ó comezar rogos e Preguntas auséntome ó non ter ista volta preguntas O Tesón e prever unha longa retahíla obviable en gran parte falando ou presentando escritos no concello.

Ningún comentario: